Percorremos Galicia na procura das mellores historias que hai tralas fotos antigas

Información del proyecto


SINOPSE DE FORMATO ANACOS DE VIDA

En Anacos de Vida percorremos Galicia na procura das pequenas e grandes historias que hai tralas mellores fotos antigas do país. Imaxes e historias que nos emocionan porque son unha parte esencial das nosas raíces, do que fomos, do que somos e do que podemos chegar a ser como pobo.

Cada capítulo de Anacos de Vida é unha viaxe soprendente onde interactúan os maiores, que saben das historias que agochan as imaxes antigas, e os novos, que andan na procura das mellores fotos e historias do seu concello, animados por dous presentadores que veñen dende o pasado na súa máquina do tempo.

O vello bus de Anacos de Vida percorre as aldeas e vilas de Galicia para descubrirnos esas fotos que nos falan das pequenas historias que nunca saen nos libros nin na tele. Cada programa é unha emocionante viaxe no tempo a través das imaxes e de tres historias, a foto do pasado, a foto por facer e a foto misteriosa.

www.anacosdevida.gal

Un produto de Arraianos Produccións en colaboración con Phottic.